01 de Noviembre 2020

Solidaridade cos encausados pola operación "JARO"

O Partido Comunista Obreiro Español e o Partido Comunista dos Pobos de España – Comunistas da Galiza solidarízanse cos compañeiros encausados na Operación «Jaro» por defender o dereito de autodeterminación das nacións. De novo, o Estado español pon en funcionamento todo o seu aparello represivo para asegurar a unidade, para eles, inquebrantábel do territorio, atentando contra a liberdade de expresión e de asociación. Os encausados enfróntanse, entre outras medidas represivas propostas pola fiscalía, á prohibición de exercer traballos públicos e a unha multa de 348 000 euros. Neste sentido, o PCOE e o PCPE – CG esixen, de forma inmediata:

  1. A absolución de todos os procesados
  2. A permanencia do estatus legal de Causa Galiza e Ceivar
  3. A non aplicación das medidas represivas individualizadas propostas pola fiscalía
  4. A liberdade de todos os presos políticos do Estado español, a cal só será garantizada coa construción do socialismo mediante a unidade de acción dos comunistas.

¡¡POLO DEREITO DE AUTODETERMINACIÓN DAS NACIÓNS!! ¡¡VIVA A LOITA DA CLASE OBREIRA!!

PCOE PCPE-CG