A Greve Xeral na Coruña

Nov 15, 2026 | Galiza

Unhas 40 000 persoas confluiron o 11N durante a xornada de greve xeral na Coruña. Dúas manifestacións solapáronse durante a mañá. Dunha banda, a convocada pola CIG saíu ás 12:00 h. desde a praza de Vigo, para terminar no paseo das Palmeiras dos Xardíns de Méndez Núñez, onde a presencia do noso clásico Manuel Curros Enríquez resgardounos da ameaza de chuva. Doutra banda, a marcha convocada por CC. OO. e UXT partiu da praza da Palloza á mesma hora e culminou diante da Delegación de Goberno. Durante a tarde, ás 18:00 h., desfilou a manifestación convocada polas diversas plataformas de vivenda, iniciando o seu camiño no cruzamento entre a avenida Fisterra e a ronda de Outeiro, e terminando na praza da Fábrica de Tabacos. Entre as consignas máis coreadas figuran «que pasa?, que pasa?, que non temos casa!», «así, así, nin un paso atrás, folga, folga, folga xeral», «o pobo ten dereito a pan, traballo e teito» ou «Galiza será a tumba do fascismo». 

Foi unha xornada de loita política onde os sectores populares demostraron un elevado compromiso nunha cidade como A Coruña, cuxo tecido industrial foi sistematicamente desmantelado até convertela nunha cidade de servizos e ocio. Mención aparte merece a actuación dos piquetes tanto nas cocheiras do autobús urbano como na propia Estación de Autobuses. Unha actuación que só unha desproporcionada represión policial puido sofocar. Paralizáronse tanto o Porto como a Lonxa (non houbo subasta de pescado), a recollida de lixo nocturna, mentres El Corte Inglés e os comercios da contorna, así como varias cadeas da zona da praza de Lugo, fecharon as súas portas. Hai que destacar que Zara tivo que abrir baixo custodia policial. Así mesmo, estímase un seguimento do 55 % en Correos. Tanto o transporte urbano como o SERGAS funcionaron baixo servizos mínimos, e varias naves, talleres e concesionarios do polígono de A Agrela tiveron que parar a súa actividade.

Esta greve volve demostrar que só a clase obreira, mediante a súa forza de traballo, é capaz de mover o mundo. Agora toca organizarse e loitar polo control obreiro da producción. Socialismo ou barbarie. 

castellano

LA HUELGA GENERAL EN A CORUÑA

Más de 40 000 personas confluyeron el 11N durante la jornada de huelga general en A Coruña. Dos manifestaciones se solaparon durante la mañana. Por un lado, la convocada por la CIG salió a las 12:00 h. desde praza de Vigo, para terminar en el paseo das Palmeiras de los Xardíns de Méndez Núñez, donde la presencia de nuestro clásico Manuel Curros Enríquez nos resguardó de la amenaza de lluvia. Por otro lado, la marcha convocada por CC. OO. y UGT partió de la praza da Palloza a la misma hora y culminó frente a la Delegación del Gobierno. Durante la tarde, a las 18:00 h., desfiló la manifestación convocada por las diversas plataformas de la vivienda, iniciando su camino en el cruce entre la avenida Fisterra y ronda de Outeiro, y terminando en la praza da Fábrica de Tabacos. Entre las consignas más coreadas figuran «que pasa?, que pasa?, que non temos casa!», «así, así, nin un paso atrás, folga, folga, folga xeral», «o pobo ten dereito a pan, traballo e teito» o «Galiza será a tumba do fascismo». 

Fue una jornada de lucha política donde los sectores populares demostraron un elevado compromiso en una ciudad como A Coruña, cuyo tejido industrial fue sistemáticamente desmantelado hasta convertirla en una ciudad de servicios y ocio. Mención aparte merece la actuación de los piquetes tanto en las cocheras del autobús urbano como en la propia Estación de Autobuses. Una actuación que solo una desproporcionada represión policial pudo sofocar. Se paralizaron tanto el Puerto como la Lonja (no hubo subasta de pescado), la recogida de basuras nocturna, mientras que El Corte Inglés y los comercios del entorno, así como varias cadenas de la zona de praza de Lugo, cerraron sus puertas. Hay que destacar que Zara tuvo que abrir bajo custodia policial. Asimismo, se estima un seguimiento del 55 % en Correos. Tanto el transporte urbano como el SERGAS funcionaron bajo servicios mínimos, y varias naves, talleres y concesionarios del polígono de A Agrela tuvieron que parar su actividad.

Esta huelga vuelve a demostrar que solo la clase obrera, mediante su fuerza de trabajo, es capaz de mover el mundo. Ahora toca organizarse y luchar por el control obrero de la producción. Socialismo o barbarie.