
Este 25 de Xullo, como cada ano desde 1920, o pobo galego celebra o Día da Patria Galega, que nesta edición ven marcado polo aumento da belicosidade do imperialismo contra os pobos do mundo, en especial, contra o eixo Irán-Rusia-China, que ameaza a hexemonía ianqui a todos os niveis: cultural, económico, tecnolóxico e político, mais tamén cunha acción criminal e xenocida contra todos os pobos que defenden a súa Soberanía e o dereito a existir, como é o caso de Palestina e Cuba. O imperialismo, sumido nunha crise xeral imposíbel de solucionar a longo prazo baixo a lóxica do capital, convírtese na principal ameaza para a supervivencia da especie humana.
A dinámica da contradición capital‑traballo impón un carácter autofáxico ao modelo de produción, que tende a sobreexplotar cada vez máis as súas dúas fontes de riqueza: o traballo e a natureza. O Estado español do Réxime do 78, herdeiro do franquismo, leva décadas implementando a economía extractiva na Galiza destruindo o seu patrimonio natural e desequilibrando os seus ecosistemas. Destacan, dunha banda, a extracción madeireira, que, mediante a plantación masiva de especies foráneas, como os eucaliptos, non só é responsábel de ameazar especies autóctonas e modificar a nosa contorna, senón do que é máis grave: dos incendios que ano tras ano se suceden na Galiza. Doutra banda, a extracción de minerais que irán destinados á industria armamentística. É importante resaltar a mina de coltán de Viana do Bolo (Ourense), a única de Europa do sur, mais tamén as de Doade Beariz (rica en litio, estaño e wolframio), Miño e Montefurado (ouro) e Monte Galiñeiro (terras raras).
Os nosos recursos están sendo utilizados para asoballar os pobos do mundo coa complicidade da Xunta de Galicia e a patronal galega, que non teñen pudor en aliarse para deseñar proxectos como a macrocelulosa Altri, que pretendía extraer 46 millóns de litros de auga ao día do río Ulla transferindo á terra amonio, nitratos, sulfatos, fosfatos e fósforo total. Só a ampla acción obreira e popular en defensa da nosa terra foi quen de deter este despropósito.
Este episodio deu unha poderosa lección: a clase obreira e os sectores populares non deben deixarse seducir pola retórica folclórica dun PP especialmente táctico, que coñece o seu electorado, que sabe como embaucar e enmascarar os seus verdadeiros propósitos entre palabras de veludo. O PP é o proxecto tanto da burguesía galega como da oligarquía do Estado español para seguir mantendo o carácter colonial da Galiza, mais tamén a aposta da lumpemburguesía do narcotráfico. Porén, tampouco se pode confiar na alternativa socialdemócrata que representa o BNG, un proxecto que non busca construir unha verdadeira confrontación obreira e popular diante da súa clase antagónica, a burguesía, senón encuazar a súa loita polas canles establecidas na formalidade democrático‑burguesa.
Este 25 de Xullo segue sendo a data para reivindicar o dereito de autodeterminación da Galiza. Mais non como un concepto abstracto, senón co seu sentido leninista, a autodeterminación como independencia. Desde o PCPE-CG entendemos que a fórmula máis garantista para asegurala é a República Socialista Confederal. Confederal porque non confiamos nun federalismo que, desde unha perspectiva centralista e chovinista, distribúa competencias según criterios estatais. A autodeterminación, a independencia, debe ser efectiva desde o primeiro momento e son os pobos, as nacións, quenes elixirían que competencias ceder (se así o quixeren) e baixo que termos nun marco de República Socialista. Socialista porque baixo a dictadura do capital non será posíbel a autodeterminación do pobo galego.
Este 25 de Xullo deixemos atrás o folclorismo e reivindiquemos a República Socialista.
VIVA A LOITA DO POBO GALEGO!
ABAIXO O RÉXIME DO 78!
REPÚBLICA, SOCIALISMO, AUTODETERMINACIÓN!
Castellano
Este 25 de Xullo, como cada año desde 1920, el pueblo gallego celebra el Día da Patria Galega, que en esta edición viene marcado por el aumento de la belicosidad del imperialismo contra los pueblos del mundo, en especial, contra el eje Irán-Rusia-China, que amenaza la hegemonía yanki a todos los niveles: cultural, económico, tecnológico y político, pero también con una acción criminal y genocida contra todos los pueblos que defienden su Soberanía y el derecho a existir, como es el caso de Palestina y Cuba. El imperialismo, sumido en una crisis general imposible de solucionar a largo plazo bajo la lógica del capital, se convierte en la principal amenaza para la supervivencia de la especie humana.
La dinámica de la contradicción capital-trabajo impone un carácter autofágico al modelo de producción, que tiende a sobreexplotar cada vez más sus dos fuentes de riqueza: el trabajo y la naturaleza. El Estado español del Régimen del 78, heredero del franquismo, lleva décadas implementando la economía extractiva en Galiza destruyendo su patrimonio natural y desequilibrando sus ecosistemas. Destacan, por un lado, la extracción maderera, que, mediante la plantación masiva de especies foráneas, como los eucaliptos, no solo es responsable de amenazar especies autóctonas y modificar nuestro entorno, sino de lo que es más grave: de los incendios que año tras año se suceden en Galiza. Por otro lado, la extracción de minerales que irán destinados a la industria armamentística. Es importante destacar la mina de coltán de Viana do Bolo (Ourense), la única de Europa del sur, pero también las de Doade Beariz (rica en litio, estaño e wolframio), Miño e Montefurado (oro) y Monte Galiñeiro (tierras raras).
Nuestros recursos están siendo utilizados para oprimir los pueblos del mundo con la complicidad de la Xunta de Galicia y la patronal gallega, que no tienen pudor en aliarse para diseñar proyectos como la macrocelulosa Altri, que pretendía extraer 46 millones de litros de agua al día del río Ulla, transfiriendo a la tierra amonio, nitratos, sulfatos, fosfatos y fósforo total. Solo la amplia acción obrera y popular en defensa de nuestra tierra fue capaz de detener este despropósito.
Este episodio dio una poderosa lección: la clase obrera y los sectores populares no deben dejarse seducir por la retórica folclórica de un PP especialmente táctico, que conoce a su electorado, que sabe cómo embaucar y enmascarar sus verdaderos propósitos entre palabras de terciopelo. El PP es el proyecto tanto de la burguesía gallega como de la oligarquía del Estado español para seguir manteniendo el carácter colonial de Galiza, pero también la apuesta de la lumpemburguesía del narcotráfico. Sin embargo, tampoco se puede confiar en la alternativa socialdemócrata que representa el BNG, un proyecto que no busca construir una verdadera confrontación obrera y popular frente a su clase antagónica, la burguesía, sino encauzar su lucha por los canales establecidos en la formalidad democrático‑burguesa.
Este 25 de Xullo sigue siendo la fecha para reivindicar el derecho de autodeterminación de Galiza. Pero no como un concepto abstracto, sino con su sentido leninista, la autodeterminación como independencia. Desde el PCPE-CG entendemos que la fórmula más garantista para asegurarla es la República Socialista Confederal. Confederal porque no confiamos en un federalismo que, desde una perspectiva centralista y chovinista, distribuya competencias según criterios estatales. La autodeterminación, la independencia, debe ser efectiva desde el primer momento y son los pueblos, las naciones, quienes elegirían qué competencias ceder (si así lo quisieran) y bajo qué términos en un marco de República Socialista. Socialista porque bajo la dictadura del capital no será posible la autodeterminación del pueblo gallego.
Este 25 de Xullo dejemos atrás el folclorismo y reivindiquemos la República Socialista.
¡VIVA LA LUCHA DEL PUEBLO GALLEGO!
¡ABAJO EL RÉGIMEN DEL 78!
¡REPÚBLICA, SOCIALISMO, AUTODETERMINACIÓN!
Comentarios recientes