Rueda de prensa e inicio de campaña en Galiza

May 13, 2015 | Galiza, Galiza

El pasado 7 de mayo a las 18:30 horas, Comunistas de la Galicia-PCPE convocaba una rueda de prensa en la Plaza del Mercado da Madalena (Ferrol) para presentar la candidatura y exponer los ejes principales del programa para las municipales del 24 de Mayo.
Intervinieron los tres camaradas que encabezan la candidatura comunista de Ferrol.

A continuación, un fragmento de una de las intervenciones, donde se presentaba la composición social de la candidatura:
“Nuestra candidatura está conformada, en primer lugar, por obreros del sector metalúrgico, mayormente del naval, tanto en activo como desempleados. Unos compañeros que ven como sus condiciones de vida y trabajo se deterioran a ritmos agigantados desde el comienzo de la crisis capitalista, con el incremento de la explotación, la pérdida de poder adquisitivo, las jornadas laborales interminables o la continua pérdida de derechos, amenazados además continuamente por la fantasma del paro.

Somos también muchas las personas desempleadas. Bien estudiantes que después de finalizar nuestros estudios vagamos de un empleo temporal y precario a otro, con prolongadas jornadas de paro en medio; bien trabajadores y trabajadoras de dilatada experiencia laboral, expulsados de sus puestos, y a los que pretenden responsabilizar de su situación por la falta de “reciclaje” o “emprendimiento”, ocultando la responsabilidad del capitalismo y la incapacidad de la patronal para generar empleo.

Somos trabajadores y trabajadoras comerciales, colectivo no menos castigado por las inclemencias de un mercado de trabajo saturado y en el que se impone la precariedad.

Contamos también con maestros de la enseñanza pública, sector castigado con dureza, en la que los despidos y demás recortes presupuestarios imponen una sobrecarga de trabajo, con menos salario y derechos, para ofrecer una educación de peor calidad.
Asimismo, nos acompañan varios pensionistas. Personas que después de una vida de duro trabajo y lucha por nuestros derechos, se encuentran con una ridícula pensión, de la que a veces dependen hijos desempleados y nietos.

Somos también varios estudiantes, jóvenes con ganas de formarse y trabajar de lo suyo, cuyas aspiraciones se ven truncadas por la carestía de los créditos universitarios, la falta de becas o la negrura del panorama laboral. Nos vemos sometidos a una enseñanza cada vez más deteriorada por las medidas de los distintos gobiernos al servicio de las grandes empresas, y nos unimos a la lucha para garantizarnos un futuro digno, que no nos va a dar este sistema.
Nuestra lista está conformada por un grupo de compañeros y compañeras con muchos años de experiencia en la lucha obrera y sindical, con muchas batallas a sus espaldas y una prolongada trayectoria política, bien en nuestro partido o bien provenientes de otras formaciones políticas. Y somos muchas y muchos también los que nos sumamos recientemente a la lucha, sintiendo la necesidad de transformar este sistema caduco que nos condena a la miseria a tantos millares de personas.

Nosotros estamos particularmente orgullosos y orgullosas de conformar una candidatura de estas características, con una base social que probablemente es difícil de encontrar en otras formaciones. Esto muestra que nuestro objetivo de conformar una alianza entre los sectores más castigados por la crisis capitalista va avanzando con buen pie, que avanzamos para convertirnos en su referente en la lucha en la calle y en los centros de trabajo, y que podremos ser su altavoz en las instituciones”.

INICIO DE CAMPAÑA (8/5/15).

El Mercado de Caranza fue el emplazamiento elegido por Comunistas da Galicia-PCPE para presentar el cartel y el lema de campaña de la candidatura comunista de Ferrol, a las 00:00 horas del jueves 8, en el inicio de campaña.

Minutos después comenzaría en ese mismo barrio el clásico inicio de pegada de carteles para las elecciones del 24 de Mayo.
Más tarde, a primera hora de la mañana, reparto masivo de trípticos con el resumen del programa entre los vecinos y vecinas de este barrio de arraigada tradición obrera, a las puertas del Mercado de Caranza .

A continuación, barrio a barrio, la consigna COMUNISTAS: A VOZ DA CLASE OBREIRA sigue extendiéndose como una mancha de aceite que inunda los muros de Ferrol Proletario, insistiendo en que no llega sólo con el voto y con la firme convicción de que la lucha es por el Poder Obrero y el Socialismo.

 

———————————————————————- GALEGO

 

O pasado 7 de maio ás 18:30 horas, Comunistas da Galiza-PCPE convocaba unha rolda de prensa na Praza do Mercado da Madalena (Ferrol) para presentar a candidatura e expoñer os eixos principais do programa para as municipais do 24 de Maio.
Interviñeron os tres camaradas que encabezan a candidatura comunista de Ferrol.

Eis un fragmento dunha das intervencións, onde se presentaba a composición social da candidatura:

“A nosa candidatura está conformada, en primeiro lugar, por obreiros do sector metalúrxico, nomeadamente o naval, tanto en activo como desempregados. Uns compañeiros que ven como as súas condicións de vida e traballo deterióranse a ritmos axigantados desde o comezo da crise capitalista, co incremento da explotación, a perda de poder adquisitivo, as xornadas laborais interminábeis ou a continua perda de dereitos, ameazados ademais continuamente pola pantasma do paro.

Somos tamén moitas as persoas desempregadas. Ben estudantes que despois de rematar os nosos estudos vagamos dun emprego temporal e precario a outro, con prolongadas xornadas de paro no medio; ben traballadores e traballadoras de dilatada experiencia laboral, expulsados dos seus postos, e aos que pretenden responsabilizar da súa situación pola falta de “reciclaxe” ou “emprendemento”, ocultando a responsabilidade do capitalismo e a incapacidade da patronal para xerar emprego.

Somos traballadores e traballadoras comerciais, colectivo non menos castigado polas inclemencias dun mercado de traballo saturado e no que se impón a precariedade.

Contamos tamén con mestres da ensinanza pública, sector castigado con dureza, na que os despedimentos e demais recortes orzamentarios impoñen unha sobrecarga de traballo, con menos salario e dereitos, para ofrecer unha educación de peor calidade.

Así mesmo, acompáñannos varios pensionistas. Persoas que despois dunha vida de duro traballo e loita polos nosos dereitos, atópanse cunha ridícula pensión, da que ás veces dependen fillos desempregados e netos.

Somos tamén varios estudantes, xente nova con ganas de formarse e traballar do seu, cuxas aspiracións vense truncadas pola carestía dos créditos universitarios, a falta de becas ou a negrura do panorama laboral. Vémonos sometidos a unha ensinanza cada vez máis deteriorada polas medidas dos distintos gobernos ao servizo das grandes empresas, e unímonos á loita para garantirnos un futuro digno, que non nos vai dar este sistema.

A nosa lista está conformada por un grupo de compañeiros e compañeiras con moitos anos de experiencia na loita obreira e sindical, con moitas batallas nas súas costas e unha prolongada traxectoria política, ben no noso partido ou ben provintes doutras formacións políticas. E somos moitas e moitos tamén os que nos sumamos recentemente á loita, sentindo a necesidade de transformar este sistema caduco que nos condena á miseria a tantos milleiros de persoas.

Nós estamos particularmente orgullosos e orgullosas de conformar unha candidatura destas características, cunha base social que probablemente é difícil de atopar noutras formacións. Isto mostra que o noso obxectivo de conformar unha alianza entre os sectores máis castigados pola crise capitalista vai avanzando con bo pé, que avanzamos para converternos no seu referente na loita na rúa e nos centros de traballo, e que poderemos ser o seu altofalante nas institucións”.

INICIO DE CAMPAÑA (8/5/15).

O Mercado de Caranza foi o emprazamento elexido por Comunistas da Galiza-PCPE para presentar o cartel e o lema de campaña da candidatura comunista de Ferrol, ás 00:00 horas do xoves 8, no inicio de campaña.

Minutos despois comezaría nese mesmo barrio o clásico inicio de pegada de carteis para as eleccións do 24 de Maio.
Máis tarde, a primeira hora da mañá, reparto masivo de trípticos co resumo do programa entre os veciños e veciñas deste barrio de arraigada tradición obreira, ás portas do Mercado de Caranza.

A continuación, barrio a barrio, a consigna COMUNISTAS: A VOZ DA CLASE OBREIRA segue estendéndose como unha mancha de aceite que inunda os muros de Ferrol Proletario, insistindo en que non chega só co voto e coa firme convicción de que a loita é polo Poder Obreiro e o Socialismo.

 

{gallery}municipales-2015-galiza{/gallery}